Gjør som tusenvis av andre bokelskere
Abonner på vårt nyhetsbrev og få rabatter og inspirasjon til din neste leseopplevelse.
Ved å abonnere godtar du vår personvernerklæring.Du kan når som helst melde deg av våre nyhetsbrev.
O proposito deste traballo e contribuir o estudio linguistico sobre os nomes de persoa na Galicia altomedieval. O corpus esta formado por documentos editos de Sobrado, Carboeiro, Samos, Xubia e Santiago, situados cronoloxicamente entre os ss. VIII e XII. Fixose necesaria a confrontacion cos orixinais, dado o numero de erros presentes nas edicions. Tras tira-los nomes propios, contamos cuns 10.000 cadeas onomasticas, o que supon o redor das 18.000 ocorrencias. A partir deste material realizouse o estudio sobre o sistema de denominacion persoal e a sua evolucion: constatouse o paso da nominacion unica a utilizacion de segundos nomes, constituidos maiormente por outros nomes persoais en xenitivo ou cun sufixo patronimico (-iz, mod. -ez); en menor medida empregaronse sobrenomes (procedentes de alcumes, hipocoristicos e designativos profesionais) e nomes de orixe (toponimos e etnicos). A seguir, considerouse a composicion etimoloxica do material onomastico, reflexo da historia social e cultural: a escasa pervivencia do elemento prerromano, a entrada dos nomes latinos ou transmitidos polo latin (gregos e hebreos), a influencia do cristianismo, a extraordinaria difusion da onomastica xermanica e a debil repercusion da arabe. En cada un destes capitulos incluese informacion estatistica que reflicte as respectivas proporcions, os nomes mais usados, a evolucion cronoloxica das formas, etc. Despois elaboramos un diccionario cos materiais onomasticos, agrupando as variantes baixo unha unica forma normalizada; o numero total de entradas ronda as 2140. En cada unha delas realizamos un estudio particularizado, que inclue informacion etimoloxica e, de se-lo caso, fonetica e historica, asi como outras posibles referencias bibliograficas. Por ultimo, incluese unha relacion das modificacions feitas as fontes revisadas, de todalas formas tratadas e da bibliografia.
Abonner på vårt nyhetsbrev og få rabatter og inspirasjon til din neste leseopplevelse.
Ved å abonnere godtar du vår personvernerklæring.